fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Cinema | Curtametraxes | Martes 22 agosto
Regresan as Noites Curtas ao verán compostelán

Ox xoves 24 e 31 de agosto, o cine de verán regresa ao centro histórico compostelán da man de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine. A edición 2017 das populares Noites Curtas, programa dúas sesións ao aire libre e con entrada de balde.

O programa das Noites Curtas 2017 busca compartir con residentes e visitantes de Compostela algúns dos traballos máis recentes de cineastas de interese e tamén servir de adianto e convite á mostra cinematográfica que a cidade acollerá do 1 ao 8 de outubro. As dúas sesións programadas neste mes de agosto, o xoves 24 en Praterías e o xoves 31 na Quintana, comezarán ás dez da noite. 

Entre os protagonistas das Noites Curtas 2017 figura o lucense Adrián Canoura, quen presentará nas prazas compostelás os videoclips que realizou para bandas como Guerrera, Baiuca e Nistra no ultimo ano. Veremos máis do seu traballo en outubro, coa proxección do documental experimental O Porco e o seu espírito na sección Planeta GZ de Curtocircuito

A seguir con talento galego de alcance internacional, o programa das noites de agosto garda lugar para a proxección de Decorado, a curtametraxe do coruñés Alberto Vázquez, gañadora de máis de vinte galardóns internacionais e do Goya 2017 á Mellor Curtametraxe de Animación.

 

Decorado, de Alberto Vázquez

 

Canda elas, outras fitas ben diversas en procedencia e temática serán proxectadas nas prazas, como a gañadora do Premio Penínsulas do Curtocurcuito 2016, La disco resplandece de Chema García Ibarra, ou as pezas Over, de Jan Saska (República Checa); Aliens, de Jiajie Yu Yan (España); e Deep Blue, de Joe Nankin (Estados Unidos). 

O acceso a todas as sesións é libre e de balde. 

http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org