fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Música | Alternativa | Xoves 15 xuño
TerraZeando 2017

O programa de concertos “ao fresco” está organizado pola asociación Desconcierto Cultural e inclúe cinco actuacións noutros tantos espazos da cidade. Todas as actuacións son gratuítas.

O Concello de Santiago volve colaborar este ano co TerraZeando, un ciclo organizado polo colectivo Desconcierto Cultural que pretende aproveitar lugares especiais de Compostela como escenarios para a música en directo. O alcalde, Martiño Noriega, e o secretario da asociación, Álvaro Álvarez, presentaron hoxe o programa desta sexta edición, que se celebrará do 29 de xuño ao 27 de xullo.

 

Cinco concertos gratuítos

O alcalde mostrou a satisfacción do Goberno por poder colaborar neste programa “que leva seis anos mostrando que as terrazas, os parques, ou outros espazos singulares poden ser escenarios inmellorables para a celebración de concertos e poden dar lugar a noites inesquecibles”. Martiño Noriega explicou que é “o segundo ano consecutivo no que participamos nesta iniciativa “cada vez máis agardada polo público”.

 

Nesta sexta edición de TerraZeando están previstos cinco concertos noutros tantos escenarios. O primeiro deles será na Finca do Espiño o próximo día 29, e reunirá aos grupos Alto Volta, de Valga, e Me And The Bees, de Barcelona.

O 5 de xullo o ciclo trasladarase ao Bar Olvido para o concerto da banda Zebra Hunt, chegada desde Seattle, mentres que os portugueses Stone Dead actuarán no NH Collection o 12 de xullo. Unha semana máis tarde, o 19 de xullo, será o turno do trío madrileño CVEEC, que actuará no Hotel Costa Vella. O último dos concertos do TerraZeando será o 27 de xullo no xardín do Pazo de Amarante, cos composteláns Montelouro e The Wheels, unha banda chegada desde Palma de Mallorca.

 

Todos os concertos serán gratuítos. Iso é posible grazas ao traballo desinteresado dos socios de Desconcierto Cultural, ao apoio do Concello e aos patrocinadores do evento (SON Estrella Galicia, Vermú Lodeiros e Grupo Reboreda Morgadío”. Tamén colaboran co festival o Hotel Costa Vella e MASGALICIA.

 

Desconcierto Cultural 
Desconcierto Cultural é unha asociación cultural sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico, con preto de 180 socios espallados por Galicia e o mundo adiante. Nacida en 2010, a Asociación é responsable de distintas iniciativas que tratan de dinamizar a escena musical galega, tanto apoiando a bandas autóctonas na difusión dos seus proxectos, como acercando a Galicia propostas estatais e internacionais ás que non é doado acceder a través das canles convencionais. Deste xeito, a Asociación ten desenvolvido proxectos coma os festivais CortaPega, Primos Hermanos ou a Romaría Pop; ou os ciclos TerraZeando, Placeres Ocultos ou Recreios.
 

Arquivos adxuntos

www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org


Warning: Unknown: write failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0


Warning: Unknown: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/home/compostelacapitalcultural/tmp) in Unknown on line 0