fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Música | Infantil | Sábado 20 maio
En concerto Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc

Poderemos cantar os temas máis divertidos do último traballo TIC TAC TOC e faremos tamén un pequeno repaso das cancións máis emblemáticas dos anteriores traballos, TIC TAC e TOC TOC. Pablo Díaz contará neste concerto coa banda ao completo: Olga Kirk, Diego Barral e Alex Fente.

A obra de Pablo no eido infantil ten xa certo pouso. Dende que en decembro do 2009 viu a luz o seu primeiro traballo TIC TAC, premiado co galardón á creatividade infantil Anisia Miranda en 2010 e reeditado tres veces, o seu traballo foi incesante. 

En novembro de 2013, presentou o segundo libro-disco, TOC TOC , premio Martín Códax 2014 e premio Frei Martín Sarmiento para educación infantil en 2015.

En 2014, Pablo Díaz volveu a un formato máis clásico con Xente miúda moita fartura enfocando o traballo aos máis pequeniños da familia, bebés e rapazada de ata 5 anos.

En decembro de 2016 ve a luz o novo traballo de Pablo, TIC TAC TOC, ilustrado por Almudena Aparicio e editado por Galaxia. Este libro-disco ten ademais o obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor o traballo dun artista de 10 anos, Antón, que deseña e debuxa uns animais imaxinarios preciosos. Antón é un neno con TEA, pero cunha altísima capacidade creativa. El di isto de si mesmo: "O meu nome é Antón e teño 10 anos. Estudo 4º de primaria e teño TEA, mais iso non é o que me define. Son un neno cariñoso, feliz, gústame xogar, estudar, ir á praia e ao parque, pero sobre todo gústame debuxar. E o que máis me gusta no mundo é debuxar animais.” De aí a canción, “O mundo máxico de Antón”

 

Gratuíto previa retirada de localidades no Teatro Principal e o día do espectáculo no despacho de billetes do Auditorio a partir das 17.30h

Recomendado para público infantil ata 12 anos

www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org


Warning: Unknown: write failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0


Warning: Unknown: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/home/compostelacapitalcultural/tmp) in Unknown on line 0