fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Música | Folk/Popular/Tradicional | Domingo 21 maio
Luis Emilio Batallán e Os Amigos dos Músicos

Luis Emilio Batallán e Os Amigos dos Músicos, xuntos por primeira vez nun escenario, falarán da Galicia de antes e de agora e cada un deles ofrecerá ademais un concerto único. Os Amigos dos Músicos presentando o seu primeiro disco e Luis Emilio Batallán as cancións do seu último álbum: “70 y 29”

COMPOSTELA CONVERSA busca fomentar a promoción do novo talento e a reflexión sobre a escena actual, dando voz aos artistas máis alá da actuación musical; este ciclo de concertos propón conversas abertas co público para abrir debates sobre a creatividade, o traballo dos artistas, a situación do novo talento e calquera tema que enriqueza a ruptura da parede entre espectador e artista durante un concerto. 

Nesta nova cita serán Luis Emilio Batallán e Os Amigos dos Músicos os que ofrecerán un concerto conxunto no Teatro Principal afondando na influencia do Maio dende 1975 ata hoxe. Será domingo 21 ás 20.00 h no Teatro Principal

O público pode enviar as súas preguntas a cada un dos grupos previamente a través da conta de correo electrónico compostelaconversa@gmail.com e os e as artistas responderán o mesmo día do concerto en directo.

As entradas para cada encontro terán un prezo de 10 euros (5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais) e poden mercarse a partir desta tarde no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18 a 21 h), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.

‘Ahí ven o Maio’, con este disco (que chegou a vender máis de cincocentos mil exemplares e no que musicaba o popular poema de Curros Enríquez) deuse a coñecer Luis Emilio Batallán na escena musical galega en 1975. Vintedous anos máis tarde, o polifacético artista galego estrea un novo álbum, totalmente rupturista coa súa primeira etapa como músico, con sons caribeños, ritmos de bossa-nova, bachata, merengue e incluso reggaetton.

Ao mesmo tempo, neste 2017, unha banda de rapaces novos, Os Amigos dos Músicos, editan o seu primeiro disco, que recibe premios alá por onde pasan e no que se inclúe unha emotiva versión da canción do Maio. Eles mesmos citan a Batallán coma unha das súas referencias fundamentais, a pesar dos camiños tan diferentes nos que se atopan as súas carreiras actuais.

Os Amigos dos Músicos son os responsables de que en maio de 2017 sigamos a preguntarnos canto queda do Maio de Curros Enríquez na Galicia actual. Canto daquela primavera que parece que non da chegado, canto dunha poesía imprescindible para entender a cultura galega do último século.

OS AMIGOS DOS MÚSICOS: Os Amigos dos Músicos recollen no seu primeiro disco un conxunto de cancións nas que unen o propio co alleo para dar forma a un discurso fragmentado, no que as distintas voces se van sucedendo, mais no que aos poucos vai emerxendo a coherencia do horizonte.  A banda sempre buscou referentes na canción popular galega: Curros Enríquez, Suso Vaamonde, Manuel María e Luis Emilio Batallán son o risón que permite pararse e levantar a vista, mais só para proseguir a viaxe. Nos seus concertos  Os Amigos dos Músicos presentan o seu amplo rexistro musical a través da sutileza dos cambios de dinámica e a mestura das distintas voces que compoñen a banda.  Despois dun tempo percorrendo os palcos do país, Os Amigos dos Músicos presentan un traballo que máis que un resumo do anterior pretende ser unha introdución a un tempo novo.

LUIS EMILIO BATALLÁN. Hai pouco, Luis Emilio cumpría corenta maios desde que sacou o seu primeiro disco: “Ahí ven o maio”. Ese que o lanzou á fama a mediados da década dos 70´ e que o converteu no disco máis vendido de todos os tempos. Batallán estivo presente nos escenarios durante catro décadas de música con álbums recoñecidos como “Ballet da nena”, “Eres un fármaco” e en 2007, “Tu retrato”. Luis Emilio é coñecido polo público pola súa habilidade ao musicalizar poemas de grandes referentes da literatura galega como Rosalía de Castro (no disco Había que chegar incorpora o tema “Adiós ríos, adiós fontes” con Pablo Milanés), Celso Emilio Ferreiro (o tan famoso tema “Agardarei”) ou Álvaro Cunqueiro (un dos seus grandes éxitos “Quen puidera namorala” baseado no poema “No niño no voo do vento”) entre outros.  O intérprete regresa aos escenarios cun traballo máis íntimo, máis coidado e máis persoal, máis arriscado. Dedicado á súa nai Ofelia, recentemente desaparecida, “70 y 29” recolle ritmos caribeños, ritmos de bossa-nova, bachata e merengue, incluso reggaetton. Se é que Batallán xa ten rédito e experiencia como para facer o que lle veña en gana. Batallán, en estado puro.

 

www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org


Warning: Unknown: write failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0


Warning: Unknown: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/home/compostelacapitalcultural/tmp) in Unknown on line 0