fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Varios | Varios | Martes 9 maio
Concerto do recoñecido compositor e músico Jesús Díaz e ‘Mud Gallery’ de La Intrusa Danza no Teatro Principal

O prestixioso músico e compositor de cine, publicidade e danza, Jesús Díaz, ofrece un concerto no Teatro Principal mañá mércores ás 20.30 h. Faino como previa ao espectáculo da compañía de danza La Intrusa ‘Mud Gallery’ que temos o xoves tamén no Principal ás 20.30 h, e cuxa música foi composta por Díaz. As entradas para ambos espectáculos poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00 h), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com. O prezo é de 10 euros para cada un dos eventos (5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais).

Concerto de Jesús Díaz

O recoñecido compositor Jesús Díaz ofrecer un concerto no Teatro Principal dos seus diferentes proxectos musicais, entre os que se atopa 'Mud Gallery', a música que acompaña o proxecto de danza que se pode ver no Teatro Principal, o día seguinte do concerto, a cargo da compañía La Intrusa. Jesús Díaz traballou compoñendo para múltiples proxectos musicais a nivel internacional, realizando a banda sonora de seis longametraxes , entre eles multipremiadas películas como The Debt, coprodución americana protagonizada por Stephen Dorff, Carlos Bardem, Alberto Ammann ou a película Aloft da nomeada ao Óscar Claudia Llosa e protagonizada por Jennifer Connelly e Cillian Murphy, entre outros. 

O seu mais recente traballo foi para Cannabis, a serie francesa de Canle Arte Francia, dirixida por Lucie Borleteau. En publicidade traballou con grandes marcas como Desigual ou Volkswagen e para danza en diferentes espectáculos como Blackout de Jordi Cortés ou Mud Gallery, a cargo da compañía A Intrusa, que obtivo o premio de danza nacional 2015.

‘Mud Gallery’ de La Intrusa Danza

Premio nacional de Teatro 2015, Mud Gallery é unha peza sobre a coraxe e a silenciosa dignidade que nos outorga a experiencia. Un espectáculo creado e dirixido por LA INTRUSA – Virginia García & Damián Muñoz-e con música de Jesús Díaz (Making Music in Silence). Jesús Díaz ofrecerá o día 10 de maio, tamén no Teatro Principal, un concerto no que interpretará esta e outras composicións. Música e danza en dúas xornadas consecutivas.

LA INTRUSA é unha compañía de creación artística contemporánea formada en 1996 por Virginia García e Damián Muñoz, creadores e directores artísticos. Crean, dirixen e producen proxectos escénicos e audiovisuais. Interrelacionan a danza contemporánea con outras disciplinas artísticas como a música e os audiovisuais. Combinan as creacións propias con encargos coreográficos, colaboracións teatrais e publicidade. Destaca a súa tarefa docente en prestixiosas escolas e centros coreográficos nacionais e internacionais. As súas creacións representáronse en prestixiosos Festivais e teatros nacionais e internacionais.

http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org