fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Concellaría de Acción Cultural | Concellaría | Xoves 20 abril
Antía Veres Gesto gaña o I Premio Realia de Tradución que convoca Hugin e Munin en colaboración co Concello

Antía Veres Gesto vén de gañar o I Premio Realia de Tradución Literaria que convoca a editorial Hugin e Munin en colaboración co Concello de Santiago. Así o anunciaron esta mañá a concelleira de Turismo e Igualdade, Marta Lois, e Xavier Senín, como portavoz do xurado do premio, que se reuniu esta mañá no Auditorio de Galicia para deliberar. Veres gañou o premio por unanimidade do xurado e pola tradución da obra ‘Detrás da máscara: o poder unha muller’, escrita en lingua inglesa por Louisa May Alcott.

Hugin e Munin pon en marcha este certame, de periodicidade bienal, para recoñecer traducións inéditas á lingua galega de obras narrativas. O obxectivo é outorgarlle visibilidade ao traballo dos profesionais da tradución e recoñecelo coa publicación da obra nalgunha das coleccións da editorial e a correspondente remuneración. Así, a contía do premio ascende a 1.200 euros e a obra gañadora será publicada nun prazo máximo de 3 meses desde hoxe. Ademais, será cedida á Biblioteca Virtual (BIVIR) da Asociación de Tradutores Galegos pasado un ano da súa publicación en papel.

Puideron concorrer ao premio traducións de obras narrativas (relato longo, novela curta ou novela) traducidas ao galego, consonte á normativa vixente, dende calquera lingua, sempre que estiveran libres de dereitos de autor. Os traballos debían ser inéditos e non contar con ningunha distinción previa e tampouco se admitían obras de autores xa presentes no catálogo da editorial. A esta primeira edición presentáronse nove obras, traducidas ao galego dende catro linguas distintas. Na primeira rolda de selección quedaron descartadas catro das nove obras: dúas por seguir vixentes os dereitos de autor e outras dúas por non se axustar ao xénero especificado nas bases: relato longo, novela curta ou novela. As cinco obras restantes foron lidas por todos os membros do xurado, composto por: 

- Xavier Senín, tradutor e ex-presidente da Asociación de Tradutores Galegos

- Marta Neira, licenciada en Filoloxía Galega e profesora universitaria

- Isabel Soto, filóloga e tradutora profesional

- Delia González Fariña, lectora independente

- Alejandro Tobar, editor

O xurado elixiu por unanimidade a obra de Antía Veres Gesto “por se tratar dunha tradución axustada ao orixinal inglés, coa necesaria adaptación á lingua meta para favorecer unha lectura fluída” e porque “o coidado no aspecto lingüístico fai supoñer un proceso de traballo demorado”. Así mesmo, tamén valorou que “se trata dunha obra singular dentro da produción da autora, o cal se axusta ao espírito da editorial convocante. A novela mantén a intriga até o final e revela a construción dunha personaxe singular.”

Arquivos adxuntos

www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org


Warning: Unknown: write failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0


Warning: Unknown: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/home/compostelacapitalcultural/tmp) in Unknown on line 0