fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Música | Clásica | Luns 10 abril
Ana Pazos Pintor e Julia Ammerman Yebra presentan ‘Glosas, cantos e devoción en feminino’

A concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago organiza o ciclo ‘De Lugares e Órganos’ con motivo da Semana Santa e para o que conta co apoio da Deputación da Coruña e do Consorcio de Santiago. Dentro del, mañá martes 10 poderemos escoitar a Ana Pazos Pintor (corneta) e a Julia Ammerman Yebra (órgano) no órgano da Igrexa de San Miguel dos Agros. Será ás 20.30 h cando nos presenten o concerto ‘Glosas, cantos e devoción en feminino’. A entrada ao concerto é gratuíta previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal (de 18 a 21 h) ou na propia Igrexa desde 1 hora antes do inicio do concerto.

Estas dúas mulleres, Ana Pazos Pintor e Julia Ammerman Yebra, radicadas en Compostela, xúntanse a través dun proxecto musical no que se combinan dous instrumentos capaces de xerar fermosas e empastadas sonoridades: o cornetto, un instrumento de vento que foi amplamente empregado no Renacemento como integrante das capelas musicais e que dobraba as voces, e o órgano histórico de tubos. 

O programa de concerto fai un percorrido por diversos cantos devocionais renacentistas inspirados, xa na Virxe María, xa na muller, a través dos que se aprecian as influencias mutuas que se xeraron entre os mundos sagrado e profano ao longo da historia da música. O cornetto e o órgano conformarán así un diálogo de glosas sobre pezas como o Ave Maris Stella, do arquivo da Catedral de Santiago de Compostela, o Hanacpachap Cussicuinin, unha obra polifónica procedente do Novo Mundo, que está dedicada á Virxe, ou Susanne un jour, peza inspirada no episodio bíblico recollido no libro de Daniel, que enxalza a determinación da moza Susana establecendo, deste xeito, un claro paralelismo entre a pureza da protagonista e o dogma da pureza da Virxe María.

 

Ana Pazos Pintor, corneta

Julia Ammerman Yebra, órgano 

 

DESCARGAR PROGRAMA DE MAN DO CONCERTO

www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org


Warning: Unknown: write failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0


Warning: Unknown: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/home/compostelacapitalcultural/tmp) in Unknown on line 0