VISITAS COMENTADAS #PUNCTUM

DATOS BÁSICOS

 

Achégate ao Auditorio de Galicia para descubrir as creacións das seis fanzineiras que conforma a mostra #Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega, una exposición que dá conta do bo momento da banda deseñada feita por mulleres en Galicia.  Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy, que levan a este espazo expositivo de Compostela propostas heteroxéneas que abordan temas, códigos e desafíos estéticos ben actuais.

Para descubrilas ábrense grupos de visitas conducidas por Paula González Castro, estudante do Metrado en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte da USC. As visitas están dirixidas a centros de ensino e público en xeral e todas elas son de carácter grautíto previa reserva de praza.

Visitas comentadas á exposición #Punctum en maio

Escolle día e hora do teu interese neste formulario e recibirás confirmación da túa reserva cando se completen os grupos.

INFORMACIÓN PRÁCTICA

  • Dirixidas a centros de ensino e público en xeral
  • Visita de balde
  • Duración aproximada: 45 minutos
  • Imprescindible inscrición previa no formulario: os grupos péchanse ás 12 h do día anterior a cada visita
  • Núm. mínimo de persoas por grupo: 5
  • Núm. máximo recomendable por grupo: 25
Entradas: 
Funcións: 
Martes, 9 Abril, 2024 a Xoves, 16 Maio, 2024
Auditorio de Galicia