RFG · SONS ADORMECIDOS

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Enrico Onofri, director

  • Luigi Cherubini: Abertura Medea
  • Antonio Sacchini: Ciaccona en do menor
  • Josef Martin Kraus: Sinfonía en do menor
  • Ferdinando Paër:  Abertura Leonora
  • Ludwig van Beethoven: Sinfonía núm. 4 en Si bemol Maior, op. 60

 sons adormecidos

Redescubrir é o verbo que activa este programa, comezando coa abertura de Medea, a obra mestra de Luigi Cherubini, compositor admirado por Beethoven. Antonio Sacchini morreu aos 57 anos, deixando 50 óperas e unha vida de luxo, excesos e obras de todos os xéneros, entre as que figura a súa ciaccona en do menor. Joseph Martin Kraus foi coetáneo de Mozart (e morreu coa mesma idade, 36 anos); admirado por Haydn, foi compositor na corte de Gustavo III de Suecia, non sen antes pasar anos de penuria. Destaca entre as súas 15 sinfonías a escrita en Do menor. Tamén excelente foi a fama de Ferdinando Paër ata que o século XX o esqueceu por completo;  un exemplo é a súa ópera Leonora, eclipsada pola de Beethoven, a pesar do seu éxito en 1804, dous anos antes da estrea da Sinfonía núm. 4 de Beethoven, obra xenial pero opacada entre a monumental 3º e o pathos tráxico da 5ª.

CONVERSANDO CON... Sala Mozart 19:45 h

Enrico Onofri

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 16 Maio, 2024
20:30
Auditorio de Galicia