RAPADAS

DATOS BÁSICOS

BUTACAZERO

Idade recomendada: >16 anos
Duración: 55 min
Lingua: galego

Foco Esther F. Carrodeguas

Rapadas nace da necesidade de compartir co público a documentación recadada por Esther F. Carrodeguas sobre as mulleres rapadas na (pos) guerra civil, no seu intento por escribir unha obra de teatro. A partir destes feitos do noso pasado, a autora investiga arredor do concepto de “rapada” a nivel histórico: de Xoana de Arco ás Femmes tondues (colaboracionistas); de Britney Spears a Jada Pinkett; de blogueiras descoñecidas a modelos internacionais. Neste camiño, Carrodeguas chega até as mulleres que no 2022 se rapan a si propias en Ucraína tentando non resultar atractivas a posibles violadores durante a invasión.

Texto: Esther F. Carrodeguas

Dirección: Xavier Castiñeira

Elenco: Esther F. Carrodeguas, Juanma Lodo e Sabela Domínguez

Sonoplastia e videoinstalación: Juanma Lodo

Duración: 
55 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Sábado, 25 Maio, 2024
20:30
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela