FLAMENCO FUTURO

DATOS BÁSICOS

ÁLVARO MURILLO

Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 50 min
Lingua: castelán
Foco NeoTrad

Flamenco Futuro é unha obra na que o intérprete traballa cun software biomecánico que representa o movemento na pantalla. A obra explora a relación entre o corpo humano, o baile, a súa aprendizaxe e a tecnoloxía. Como esta tecnoloxía pode transformar algúns elementos na aprendizaxe do flamenco?

O único certo é o movemento. A través del, preténdese xerar un espazo para a exploración e a creatividade, analizando o Decálogo Flamenco proposto por unha das figuras máis innovadoras do baile flamenco, Vicente Escudero.

Dirección e interpretación: Álvaro Murillo

Deseño de iluminación: Juanlu León

Software biomecánico: Jesús Morenas de Laboratorio de Control Motor da Universidade de Estremadura

Asesoría artística: Carolina Le Port e Daniel Muñoz “Artomático”

Vídeo proxeccións: Alex Pachón, Jorge Cobos e Álvaro Murillo

Debuxo orixinal: Vicente Escudero Mirada externa: Daniel Muñoz “Artomático”, Rosario la Tremendita e Niño Josele

Asesoría da coreografía: Antonio “El Farru” e Jesús Ortega

Música: Por Cumplir de Electroflamenco de Daniel Muñoz (Artomático), Pulgar e Bastón Jaleos Extremeños de Miguel Vargas, Tientos Perdidos de Vicente Escudero e My Body is a Cage de Arcade Fire

Produción: Fundación Música Creativa, Fundación Paco de Lucía, e Álvaro Murillo

 

Duración: 
50 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Venres, 5 Abril, 2024
20:30
Teatro Principal