ENCONTRO | XENEALOXÍA E FUTURO DAS AUTORAS DE CÓMIC | ELISA MCCAUSLAND

DATOS BÁSICOS

[MULLERES EN CADRIÑOS  |  ACTIVIDADES PARALELAS #PUNCTUM]

O último dos encontros desenvolvidos ao abeiro da exposición  #Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega ofrécenos unha viaxe dende as orixes do cómic até o presente da man da xornalista Elisa McCausland. Moderado por Neves Rodríguez e baixo o título 'Xenealoxía e futuro das autoras de cómic', este faladoiro percorrerá as dinámicas editoriais, socio-económicas e autorais á luz dos feminismos da man das autoras que se foron sucedendo nas diferentes etapas do medio.

Elisa McCausland é xornalista, crítica e investigadora especializada en cómic. Colabora regularmente en Radio 3, Dirigido por, El Salto y Sofilm. Entre as súas publicacións destacan Wonder Woman, El feminismo como superpoder (Errata Naturae, 2017), Supernovas (xunto a Diego Salgado), Una historia de la ciencia ficción audiovisual (Errata Naturae, 2019), Sueños y Fábulas, Historia de Vértigo (ECC Ediciones, 2022) e Beso negro: Brujería, cine y cultura pop (Hermenaute, 2023). Comisariou a exposición Presentes: Autoras de tebeo de ayer y hoy, é promotora do Colectivo de Autoras de Cómic e membro da Cátedra ECC-UAH de Investigación y Cultura del Cómic da Universidade de Alcalá.


 #Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega, permanece aberta no Auditorio de Galicia até o 16 de xuño

Entradas: 
  • Todos os públicos
  • Entrada de balde até límite de capacidade
Funcións: 
Sábado, 25 Maio, 2024
12:00 a 13:30
Zona C. Punto de información cultural