BREAKING NOTES. MÚSICA INGLESA DO SÉCULO XVII

DATOS BÁSICOS

CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS

CONCERTO DE CLAUSURA

MARIA DANNEBERG E MARTA LÓPEZ FERNÁNDEZ

Dúas mulleres, a compostelá Marta López e a austríaca Maria Danneberg, xúntanse para facer música inglesa do século XVII nun dos órganos emblemáticos da nosa cidade, o órgano da igrexa da Compañía. O programa convida o público a mergullarse no mundo das divisions, grounds e danzas inglesas, combinando o colorido son da viola de gamba coas ricas posibilidades sonoras do órgano para recrear un repertorio extraído de dúas coleccións, o Fitzwilliam Virginal Book e o Manchester Gamba Book.

Maria Viktoria Danneberg é unha novísima violagambista establecida en Viena que desenvolve a súa carreira concertística en colaboración con diferentes formacións coas que ten actuado en escenarios como a Chapelle Royale de Versailles, a Ópera de Cámara de San Petersburgo, a Wiener Musikverein ou a Staatsoper de Viena.

Marta López é unha especialista en instrumentos de tecla históricos que desenvolve a súa carreira profesional entre España e o Reino Unido, onde traballou como Artist Fellow no Departamento de Música Antiga da Guildhall School of Music & Drama, e foi tamén convidada polo Royal College of Music para traballar en calidade de repertorista e docente. Actualmente é profesora de clavecín do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.

Maria Danneberg, viola da gamba tenor e baixo

Marta López Fernández, órgano e espineta

Programa completo do ciclo

Duración: 
1 hora ( aprox.)
Entradas: 

De balde, previa retirada de convites (máximo 2 por persoa) a partir do mércores, 13 de marzo

  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • De non se esgotaren, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar onde esta se celebre desde unha hora antes do seu comezo. As invitacións serán válidas ata 10 minutos antes do inicio da actividade. A partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.
Funcións: 
Domingo, 31 Marzo, 2024
20:00
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela