ADICTOS

DATOS BÁSICOS

PENTACIÓN ESPECTÁCULOS

Idade recomendada: >16 anos
Duración: 80 min
Lingua: castelán

Adictos xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todas as persoas: até que punto estamos sometidas á tecnoloxía? Somos realmente libres? que tipo de sociedade construímos? que panorama expón o noso futuro máis próximo? Realmente merecemos o cualificativo de "seres humanos"? Unha ficción cuxas personaxes manifestan inquedanzas que nos incumben a todas e todos, cuestionando paradigmas que, até agora, asumimos como válidos e certos pero que poida que escondan mentiras que estean distorsionando as nosas vidas. Os autores reivindican a través deste texto a capacidade de reacción do ser humano. O punto de rebeldía que sempre é necesario para que as cousas evolucionen cara a unha meta mellor, cara ao horizonte no que poidamos gozar dunha vida tecnoloxicamente sa e socialmente libre.

De Daniel Dicenta Herrera e Juanma Gómez

Elenco: Lola Herrera, Ana Labordeta e Lola Baldrich

Escenografía: Curt Allen Wilmer e Leticia Gañán - Estudiodedos (Aapee)

Vestiario: Pablo Menor

Iluminación: José Manuel Guerra

Espazo sonoro: Jorge Muñoz

Axudante de dirección: Jorge Muñoz

Dirección: Magüi Mira

Produtor: Jesús Cimarro

 

Duración: 
80 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Xoves, 9 Maio, 2024
20:30
Auditorio de Galicia