Os protagonistas e espazos da vida cultural compostelana ao teu alcance. Neste directorio atoparás información dos equipamentos, dos creadores e das entidades culturais de Compostela.
Quen é quen no teatro, na literatura, na música de Santiago? Con que medios contan as salas de espectáculos da cidade? Onde podes mercar un libro? Con que escritores compartimos as rúas?
O directorio cultural é unha fiestra aberta aos cidadáns e cidadás compostelás, aos visitantes e a todas as persoas interesadas en saber máis das producións e propostas culturais da nosa cidade.
Este é un arquivo vivo, que se enriquecerá día a día dando de alta novas asociacións, salas, empresas culturais ou artistas. Se participas nalgunha iniciativa cultural de Santiago de Compostela tes o teu lugar neste directorio. Achéganos os teus datos, súmate a Compostela Capital Cultural.
Contacta con nós