fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Helen & Shanna + Albero & Garcia
Música | Varios
Helen & Shanna + Albero & Garcia
TerraZeando
Chega a séptima edición de TerraZeando "Ciclo de concertos ao fresco" unha proposta que pretende aproveitar lugares especiais o aire libre en Compostela. Helen&Shanna un grupo da Garda e Alberto&Garcia asturianos finalizarám o ciclo cunhas propostas cheas de variedade de estilos
que

TerraZeando é o ciclo estival da Asociación Desconcierto Cultural co que pretende aproveitar lugares especiais que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un concerto. Terrazas, parques e espazos singulares de Compostela que polo seu magnetismo dan lugar a noites inesquecibles.

O ciclo volve neste 2018, na súa sétima tempada, cun bo feixe de propostas apaixoantes, xa que temos a retrosicodelia de Baywaves, a tensión dos portugueses Dear Telephone, o pop canónico de Exnovios, o sixtie progresivo de Los Reyes Magos, ou o espírito festivo de Alberto & García. E, por suposto, unha excelsa representación da terra co garaxe gambero de Kings of The Beach e o folk de Helen & Shanna.

Todos os conciertos do ciclo son gratuítos grazas ao traballo desinteresado dos socios de Desconcierto Cultural, ao apoio do Concello de Santiago de Compostela; ao dos nosos patrocinadores: Cervezas Alhambra, Vermú Lodeiros e Grupo Reboreda Morgadío; ao dos colaboradores: Hotel Costa Vella e NH Collection Santiago e, por suposto, aos espazos nos que levamos a cabo os concertos.

O peche de este ciclo será a través de duas bandas diferentes pero cun punto en común que deixarán os asistentes cun moi bo sabor de boca. 

Helen&Shanna un duo que se achegan dende o sureste galego, traerá cancións que evocan a experiencias propias que se moven en diferentes atmósferas:Intimias, pasionais, psicodélicas e festivas.

Por outra banda, Alberto & Garcia unha banda conformada por sete membros e un directo impatible,veñen dende asturias cunha mestura dos sons mais clásicos do pop con outros estilos tan diversos como a música electrónica, o soul ou o folclore latinoamericano.

 

 

 

 

 

cando e onde
Xoves 26 xullo / Martes 26 xuño 2018
21:00  Xardín do Pazo de AmaranteRúa da Algalia de Abaixo, 26

prezo das entradas
De balde
de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org