fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
'Saxofón en galego' con Rafael Yebra
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
'Saxofón en galego' con Rafael Yebra
Xornadas de Música Contemporánea 2018
O saxofón é o protagonista desta xornada na que Jesús González estrea versión versión para saxofón soprano só de Señales-trumpet* (2010-2018).
que

Rafael Yebra, saxofón           

Saxofón en galego 

 

Luis Carro (1957)

When all is lost (2017)

saxofón soprano

 

Juan Eiras (1977)

Diacronías I (2015)

saxofón barítono

 

Pablo Beltrán (1970)

Laberinto (2012)

saxofón soprano electrónica e vídeo

 

Jesús González (1965)

Señales-trumpet* (2010-2018)

saxofón soprano

 

Luis Carro

Ictus (2018)

saxofón alto

 

Jacobo Gaspar (Mos, 1975)

Rumor de frío II (2016)

saxofón barítono

* Estrea versión para saxofón soprano só.

 

Rafael Yebra, saxofón

Despois de estudar nos Conservatorios de Ourense e A Coruña co profesor Narciso Pillo, participa no Seminario de Saxofón Contemporáneo da Escola de Altos Estudos co saxofonista A. Gomis e amplía a súa formación con J. M. Londeix e M. B. Charrier. Rafael Yebra foi vicedirector e director do Conservatorio Superior de Música de Vigo, é profesor de saxofón en dito conservatorio e ten impartido máster-class e concertos dentro do programa Erasmus en diferentes universidades e conservatorios superiores de música de Europa: Roma, Viena, Bruxelas, Thesalonica, Lisboa e París. Paralelamente a súa actividade docente como profesor de saxofón, dirixe e coordina o ciclo Saxornadas, é profesor residente da Aula Internacional de Saxofón e realiza concertos como solista, con Múltiplensemble, Ensemble de saxofóns S@x 21, TAC, Orquestra Sinfónica Vigo 430, Real Filarmonía de Galicia e Orquestra Sinfónica Cidade de Pontevedra. Na súa aposta pola música actual estrea obras de Jacobo Gaspar, María García- Mendoza, Luis Carro, Pablo Beltrán, Fernando Buide, Jesús González, Eduardo Soutullo, Eckart Beinke, José Luís Campana, Helmut Oehring e Christophe Havel. No ano 2009 crea o colectivo Múltiplensemble, presentado por primeira vez no Festival Are More de Vigo nun ciclo monográfico adicado ao compositor alemán K. Stockhausen en colaboración co Goethe Institut de Madrid e o colectivo Al-ga de Vigo. Con Múltiplensemble estrea e dirixe en 2012 o espectáculo multidisciplinar “Visións Sonoras sobre o Lérez” patrocinado polo Concello de Pontevedra con motivo do día europeo da música. No ano 2008 participa na gravación da obra Miniatura Mantis da compositora María García-Mendoza patrocinado pola fundación Cuña-Casasbellas de Pontevedra, en 2010 grava “Locus Amoenus” para saxofón barítono e electrónica do compositor Antonio Rocha para o ciclo XV da Asociación Galega de Compositores e en 2015 participa xunto á Real Filarmonía de Galicia na primeira gravación mundial para o selo discográfico Naxos da obra “Guitar” para orquestra do compositor suízo Frank Martin. Na actualidade está a traballar en diferentes proxectos nos que intenta conxugar a música clásica actual (contemporánea) co rock, jazz e outros estilos populares nun intento de conciliar ao público xeral coa música actual e popular de xeito que nos permita disfrutar da realidade sonora que estamos a vivir.

_____

O tempo e o son... Estas obras para saxofón When all is lost e Ictus están orientadas cara a eses dous elementos: o tempo no que se manifesta a proposta sonora e a modificación do suxeito sonoro mesmo. Mediante elementos transformadores do timbre (bisbigliando, subtone, aire tons... a voz...) a exploración un tanto obsesiva do espectro agudo (altissimo) e unha elaboración do contorno melódico case ‘puntillista’, configuran os recursos máis salientables das obras, obrigando ao instrumentista ao emprego de técnicas menos habituais de execución. Luis Carro (Vigo, 1957)

Todo o que acontece nos barcos fascíname, por iso, cando souben que antigamente as trompetas, durante máis de dous séculos, nos barcos transoceánicos foron as encargadas mediante ‘sinais’ de marcar os cambios de gardas, saudar a outros barcos, avisar á tripulación para as reunións ou a chamada para os botes salvavidas, inspiroume ao instante esta breve peza Señales-Trumpet. Jesús González (Vigo, 1965)

O proxecto da obra Laberinto xorde como parte dun proxecto, patrocinado polo Concello de Pontevedra, que baixo o título Visións sonoras sobre o Lérez  ofrece unha perspectiva visual e sonora na que a dialéctica xera unha visión artística baixo conformada pola videocreación a electrónica e a música acústica á proposta do vídeo creador Mig Seoane, o saxofonista Rafael Yebra e o compositor Pablo Beltrán. Laberinto semella ao vello mito na mitoloxía grega, construído por Dédalo para esconder ao Minotauro. A electrónica baseada nos sons que o vento extrae das cornixas, mosaicos e estruturas metálicas que perfilan parte das pontes sobre o Lérez esbozan repetidas melodías ao longo do traxecto sonoro.  Pablo Beltrán (Barcelona, 1970)

Diacronías I Esta partitura forma parte dun ciclo de obras a só con ou sen medios electroacústicos. Diacronías, de orixe grego, fai referencia -a través do tempo- neste caso da necesidade de estudo da literatura instrumental precedente que un compositor debe facer cando se achega a un instrumento novo co obxecto de profundar nas posibilidades expresivas do mesmo. Sirva de ilustración as verbas do compositor italiano Luciano Berio, cando falando das súas Sequenzas comenta "son obras escritas para o único tipo de virtuoso que é aceptable hoxe en día, sensible e intelixente e cos máis altos niveis de virtuosismo técnico e intelectual". Juan Eiras (Vigo, 1977)

Esta peza Rumor de frío II é a segunda dun ciclo que toma como punto de partida o achegamento a determinados contextos sonoros que, debido ao seu comportamento dinámico, podemos percibir de modo equivalente a aquilo que entendemos por ‘rumor’; isto é, unha especie de ruído difuso e de baixa intensidade. Nesta obra hai un dobre achegamento á idea de rumor, ambas asociadas a contextos que podemos relacionar co frío. Por un lado, o material principal da sección inicial garda unha relación simbólica con dito fenómeno, pois poderiamos dicir que sería unha sorte de reacción física ao mesmo; como é o caso do tremor que se produce cando trememos de frío. Por iso, ao principio da peza predominan os sons de natureza percusiva. Mais, por outro lado, o proceso creativo estivo influído por certa actitude de mímese cara a determinados sons que asociamos ao frío; como o ruído do vento... Jacobo Gaspar Grandal (Mos, 1975)

Arquivos adxuntos

cando e onde
Mércores 13 xuño 2018
20:30  Igrexa da Universidade (da Compañía)Praza da Universidade s/n

prezo das entradas
Entrada libre ata límite de aforo
de interese
As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela, USC e o Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC e contan coa colaboración da Deputación de A Coruña Web - usc.es/gl/servizos/c...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org