fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
O Día das Letras Galegas e Compostela
Palabra Letras
O Día das Letras Galegas e Compostela
Paseos literarios comentados
O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). Esta licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, chegou a Galicia como profesora con 22 anos e axiña namorou do galego, dedicándose a enriquecer a nosa cultura tanto en narrativa, infantil e xuvenil, como en estudos literarios, ensaio, poesía ou didáctica. En torno ao día xurdirán moitas iniciativas para celebrar as nosas letras entre elas os paseos comentados ‘O Día das Letras Galegas e Compostela’.
que

O paseo consiste nun repaso global á historia e ás persoas homenaxeadas do Días das Letras Galegas desde o seu primeiro ano (1963) até hoxe. Prestamos especial atención a aquelas persoas homenaxeadas que teñan relación con Santiago, ao mesmo tempo que se citan obras tamén relacionadas coa cidade. O percorrido conta con 9 paradas, en cada unha delas fálase dalgunhas das 56 persoas homenaxeadas ordenándoas por etapas ou xeracións da nosa historia literaria.

  • O punto de encontro para a saída do paseo será nas escaleiras do Museo do Pobo Galego e rematarán na praza de San Martiño Pinario.
  • Os días 16 e 18 de maio o paseo comezará ás 20h e terá unha duración dunha hora e media.
  • O paseo do día 17 comezará ás 19h e a duración será lixeiramente maior xa que contará cun mini recital da man de Celia Parra e unha actuación de peche de Alba María.

INSCRICIÓN DE BALDE no correo paseos.compostela@maos.gal ou por Whatsapp/Telegram no teléfono 694474166 (de 9h a 14h). Indica o teu nome, correo electrónico, número de prazas e día que desexas/desexades asistir.

* As 50 primeiras inscricións disporán de radioguía para facilitar a audición.


Arquivos adxuntos

cando e onde
Mércores 16 maio 2018
20:00  Xoves 17 maio 2018
19:00  Venres 18 maio 2018
20:00  Exterior

prezo das entradas
De balde
de interese
Saída do Paseo: escaleiras do Museo do Pobo Galego
Final do percorrido: praza de San Martiño Pinario
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/05/compostelaneamaio2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/05/compostelaneamaio2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org