fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
ADRIANA CALCANHOTTO
Música | VariosMúsica
ADRIANA CALCANHOTTO
Presenta 'A Mulher do Pau-Brasil'
Adriana Calcanhotto estrea o seu novo espectáculo 'A Mulher do Pau-Brasil' en abril deste ano, en Portugal e nese mesmo mes terémola presentándoo en Compostela. Este espectáculo marca a volta aos escenarios de unha das artistas brasileiras máis queridas no país veciño.
que

Nomeada Embaixadora da lingua portuguesa pola Universidade de Coimbra en 2015, Adriana Calcanhotto ten desenvolto un traballo de divulgaçión e estudo da literatura portuguesa xunto a diversas universidades europeas e brasileiras. Actualmente, no Brasil é vista como a “Embaixadora da Universidade de Coimbra” e, en Europa, séntese cada vez mais “A Mulher do Pau-Brasil”.

Inspirada polo movemento modernista brasileiro dos anos 20, no seu “Manifesto da Poesía Pau-Brasil”, a súa influencia sobre o Tropicalismo (toda a información externa debe ser devorada e reinventada nos seus propios termos), e con base na aprendizaxe pescuda e traballos desenvoltos como profesora e embaixadora da Universidade de Coimbra, Adriana Calcanhotto crea un novo espectáculo, no cal reflicte todas estas novas experiencias. Éxitos, novas cancións, novas lecturas e reinvencións. Nestes concertos, Adriana Calcanhotto estará acompañada por Gabriel Muzak (guitarra, mpc e voz), e Ricardo Dias Gomes (piano, baixo e voz).

Bio e discografía

Adriana Calcanhotto iniciou a súa traxectoria artística a mediados dos anos 1980, con presentacións en bares e casas nocturnas de súa cidade natal, Porto Alegre, no sur do Brasil. Tras unha serie de temporadas con éxito no circuíto vangardista de São Paulo, foi convidada a cantar en Río de Janeiro en febreiro de 1989. A boa repercusión da crítica levouna ao seu primeiro disco, ‘Enguiço’, en 1990. Tras el viñeron ‘Senhas’ (1992), ‘A fábrica do Poema’ (1994) ou ‘Maritmo’ (1998), para chegar no 2000 ao seu primeiro disco ao vivo: ‘Público’.

No 2002 gravou ‘Cantada’ e no ano 2004 naceu o heterónimo infantil Adriana Partimpim, que estreou disco homónimo e organizou un show teatral, proxecto co que gañou un Grammy Latino na categoría de Mellor Álbum Infantil. Partimpim volvería aparecer en outros dous traballos: ‘Dois’ no 2009 e ‘Tlês’ no 2012. Despois do éxito de Partimpim, Adriana fixo unha xira por Europa co show +Ela, e xa de volta ao Brasil gravou o seu sexto álbum, ‘Maré’ (2008), o segundo da triloxía marina. En 2011 produciu o seu primeiro disco enteiramente autoral, ‘O Micróbio do Samba’ e máis adiante retoma o formato de voz e violín estreando en Lisboa o show ‘Olhos de Onda’ (2014) co que pecha a triloxía de referencias explícitas ao mar. 

En decembro do 2015 é nomeada Embaixadora da Universidade de Coímbra e entre febreiro e xuño do 2017, a convite desta universidade, lecionou sobre poesía portuguesa e brasileira, trobadores provenzais, galegos, a invención da lingua portuguesa e a canción popular do Brasil, ademais de realizar varios workshops integrados nunha residencia artística. Participou en palestras e conferencias dando continuidade ao seu traballo de pescuda e divulgación da lingua portuguesa a convite de diversas Universidades no Brasil e na Europa. Froito disto chega o seu novo traballo, ‘A Mulher do Pau-Brasil’.

Arquivos adxuntos

cando e onde
Venres 27 abril 2018
20:30  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
20 euros
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo a partir das 18.00h.

Teléfono: 981 571 026

entradas.abanca.com

981 910 522
de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org