fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
ATLÁNTICA
Letras
ATLÁNTICA
Festival Internacional de Narración Oral
Un ano máis e xa van seis. Atlántica, o Festival Internacional de Narración Oral, sae a navegar polo mar das historias. Do 13 ao 18 de marzo, Compostela volverá dar acubillo a contadoras e contadores de ambas beiras do Atlántico. O Festival Atlántica de narración oral retorna a cidade cun intenso programa de actividades que se estenden por toda Galicia e se dirixen a todos os públicos.
que

A sexta edición de Atlántica reúne a artistas da fala galegos con voces de Brasil, Portugal, e Camerún contadores e contadoras de  Zamora, Madrid, Tenerife, Úbeda e Salamanca. Entre as narradoras e narradores do país que participan na sexta edición, figuran algunhas ben coñecidas polo público como Quico Cadaval, Paula Carballeira, Avelino González e Cándido Pazó, e outras que non tardarán en coñecer, como as de  Felipe Díaz, María da Pondragha, Lois Pérez, Charo Pita, Vero Rilo, Gema Santos ou Fátima Villamel.

As actividades programadas en Compostela  para adultos e cativos, inclúen itinerarios, obradoiros, e narracións musicadas nas que se integran outros axentes da cultura da cidade, como a Banda de Música de Santiago de Compostela. A sexta edición de Atlántica mantén tamén o seu carácter inclusivo coa programación de narracións en lingua de signos, que contan coa colaboración da Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Centros Cívicos do Concello de Santiago e que se representarán no Centro Educativo López Navalón e no Museo do Pobo Galego.

En 2018 o festival desenvolverase en 8 sedes. Alén Compostela, Atlántica estará na Coruña, Ferrol, Lalín, Ourense, Pazos de Borbén, Teo e Vigo.

Que é Atlántica?

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, nace en 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista. O principal obxectivo do festival é indagar nas raíces comúns das historias do Océano, na procura da identidade cultural común do Atlántico e nas historias que se foron difundindo polos camiños do mar.

Toda a información na web festivalatlantica.com

cando e onde
Martes 13 - Domingo 18 marzo 2018
  Varios

de interese
Entradas dos eventos do Teatro Principal no despacho de billetes do mesmo a partir do 1 de marzo.

Para o resto de espectáculos, a venta a partir do 5 de marzo na Libraría Couceiro.

Pode reservarse entrada para calquera actividade en festivalatlantica@gmail.com agás para a Ruta pola Almáciga que se fará en centros@serviplus.org Web - http://festivalatlan...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org