Entremans presenta unha peza didáctica para público familiar "Gaia". Realiza, así, o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo "Juega".
"Gaia" afonda nun tema de suma importancia hoxe en día: O noso planeta.
Un proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa.
que
O noso fogar, a Terra, está a cambiar rapidamente... Debemos atopar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o planeta e o noso medio ambiente. Gaia perténcenos a todas e todos Podemos debuxar xuntas e xuntos un mañá feliz e un mundo a toda cor.
Gaia é un percorrido singular no que a pintura, a música, o audiovisual e a danza nos axudan a descubrir e comprender a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e os seus tesouros naturais. Unha historia en movemento para descubrir as características da terra, os mares e a atmosfera así como a interacción entre as persoas e o medio ambiente.
Ficha do espectáculo
Dirección, creación e interpretación: Kirenia Martínez e Estefanía Gómez
Espazo sonoro: Carla López e Iago Mouriño
Atrezzo e decoración: Equipo Creativo RTA (Xacobo) e Compañía Entremans
Deseño de iluminación: Equipo Creativo RTA (Diego)
Audiovisual: Equipo Creativo RTA
Arte Imaxe: Gosia Trebacz
Vestiario: Santos Salgado e Compañía Entremans
Produción e distribución: Artestudio Xestión Cultural
cando
e onde
Sábado
28 abril
2018
18:30
Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347
prezo das entradas
4 euros
Bono familiar (4 entradas): 12 euros
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.
Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.