fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Si pudiera hablar de esto no haría esto
Danza Teatro&Danza
Si pudiera hablar de esto no haría esto
Janet Novás
Un espectáculo coproducido por: Festival de Otoño en Primavera de la Comunidad de Madrid, Teatro Pradillo, Escenas do Cambio e Festival BAD Bilbao. Co apoio de: Graner Centro de Creació, Paso a 2 e Conde Duque, Centro de Danza Canal e Coreógrafos en Comunidad.
que

Nos procesos creativos de Janet Novás hai certas liñas ou principios recorrentes que determinan as decisións que toma e que perfilan os seus traballos: unha de carácter intuitivo, imaxinativo e sensorial e outra que pon en cuestión a primeira. En Si pudera hablar de esto no haría esto, Novás privilexia os materiais que deveñen das pulsións para afastarse desoutra faceta discursiva. Lonxe de formular un discurso ou tender unha reflexión colectiva, a artista entrégase ao xogo co corpo, co tempo e o espazo que a arrodea para compartir sensacións, iniciar un camiño a través das súas experiencias e necesidades de expresión, nunha peza na que a acción, a entrega o compromiso e a responsabilidade se volven imprescindibles. 

"Náceme, sáeme, precisa saír e manifestarse. Non sei que é, nin como se chama, só sei que existe e quere ser visible. Quere falar e ser, ser algo tanxible para poder ser certo e verdadeiro á mirada allea e á miña propia mirada. Quere manifestarse dende unha imaxe, dende o son, dende o silencio. Quere nacer aínda que morra nese instante. E eu estou ao servizo para que iso suceda" Janet Novás.

 

Ficha do espectáculo

Creación e interpretación: ·Janet Novás  

Dramaturxia: Ricardo Santana 

Música · Haru Mori 

Acompañamento artístico: Antía Díaz e Lipi Hernández 

Deseño de iluminación:· David Picazo 

Imaxe: Virginia Rota 

Vestiario: Panamá Díaz e Maravilla Muñoz 

cando e onde
Venres 27 abril 2018
20:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
10 euros
Descontos do 50% para os seguintes colectivos:
- Desempregados
- Maiores de 65 anos
- Xubilados
- Menores de 25 anos
- Estudantes
- Familias monoparentais
- Familias numerosas
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os dí­as que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

981 910 544
de interese
Para todos os públicos
Duración aproximada: 55 min. Web - http://janetnovas.com/
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org