fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Il Segreto di Susanna
Música | Ópera
Il Segreto di Susanna
Ópera
A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela estrea no Teatro Principal a súa segunda produción operística. A montaxe reune en escena ao Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), ao actor e dramaturgo Cándido Pazó, á soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e ao barítono Javier Franco.
que

Il segreto di Susanna é unha ópera cómica nun acto. Un tour de force dun pequeno segredo que vai medrando á par que a inseguridade e a desconfianza de Gil, o marido de Susana; un matrimonio novo que reside no noroeste italiano de Piamonte. A moza omitiu comentarlle ao seu recente esposo que tiña o hábito de fumar ás agochadas. Gil, pola súa parte, decátase do cheiro e pensa que a súa esposa lle é infiel. Inquedo, trata de pescala in fraganti desenvolvendo case unha escena de vodevil na que o seu mordomo, Sante, cómplice de Susanna, xogará un papel fundamental. A peza, polo tanto, xira ao redor da intimidade,  os segredos, o vicio e os celos, aínda que abordados de xeito inxenuo e sinxelo.

Candido Pazó asume a dirección artística desta peza na que tamén interveñen dous dos seus colaboradores habituais no ámbito escénico:o recoñecido escenógrafo Carlos Alonso e o reputado iluminador Afonso Castro. Diego García, dirixe ao Taller Atlántico Contemporáneo no apartado musical. Os intérpretes que conforman o TAC para esta produción son: James Dahlgren (violín), Nazaret Canosa (violín), Ioana Ciobotaru (viola), Millán Abeledo (violoncello), Alfonso Morán (contrabaixo) e Nicasio Gradaílle (piano). Os seus sons acompañarás as voces dos xas citados Javier Franco e Clara Jelilohvschi Panas, que encarnan os roles protagonistas.

cando e onde
Sábado 16 decembro 2017
20:00  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
10 euros

(Descontos do 50 % para os socios de Amigos da Ópera de Santiago)
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349


entradas.abanca.com

981 910 544
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org


Warning: Unknown: write failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0


Warning: Unknown: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/home/compostelacapitalcultural/tmp) in Unknown on line 0