fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Pablo Díaz e Tic Tac Toc
Música | Outras músicasInfantil e Familiar
Pablo Díaz e Tic Tac Toc
Programa FalaRedes da Xunta de Galicia
Pop-rock-folk para xente miúda. Poderemos cantar os temas máis divertidos do último traballo TIC TAC TOC e faremos tamén un pequeno repaso das cancións máis emblemáticas dos anteriores traballos, TIC TAC e TOC TOC. Pablo Díaz contará neste concerto coa banda ao completo: Olga Kirk, Diego Barral e Alex Fente.
que

A obra de Pablo no eido infantil ten xa certo pouso. Dende que en decembro do 2009 viu a luz o seu primeiro traballo TIC TAC, premiado co galardón á creatividade infantil Anisia Miranda en 2010 e reeditado tres veces, o seu traballo foi incesante.

En novembro de 2013, presentou o segundo libro-disco, TOC TOC , premio Martín Códax 2014 e premio Frei Martín Sarmiento para educación infantil en 2015.

En 2014, Pablo Díaz volveu a un formato máis clásico con Xente miúda moita fartura enfocando o traballo aos máis pequeniños da familia, bebés e rapazada de ata 5 anos.

En decembro de 2016 ve a luz o novo traballo de Pablo, TIC TAC TOC, ilustrado por Almudena Aparicio e editado por Galaxia. Este libro-disco ten ademais o obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor o traballo dun artista de 10 anos, Antón, que deseña e debuxa uns animais imaxinarios preciosos. Antón é un neno con TEA, pero cunha altísima capacidade creativa. El di isto de si mesmo: "O meu nome é Antón e teño 10 anos. Estudo 4º de primaria e teño TEA, mais iso non é o que me define. Son un neno cariñoso, feliz, gústame xogar, estudar, ir á praia e ao parque, pero sobre todo gústame debuxar. E o que máis me gusta no mundo é debuxar animais.” De aí a canción, “O mundo máxico de Antón” 

cando e onde
Sábado 20 maio 2017
18:30  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Gratuíto previa retirada de localidades a partir do 2 de maio no Teatro Principal. E o día do espectáculo, tamén no Auditorio de Galicia.
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só o día do espectáculo a partir das 17.30h.

Teléfono: 981 571 026
de interese
Recomendado para público infantil ata 12 anos
Duración: 50 minutos
Web - www.facebook.com/pab...
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1493887143.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1493887143.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org