fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
MADUIXA TEATRE
Danza | ContemporáneaTeatro&Danza
MADUIXA TEATRE
'Mulïer'
Mulïer é un espectáculo de danza sobre zancos interpretado por cinco bailarinas. Con esta montaxe pretenden investigar os límites físicos coa danza e o equilibrio, o movemento e a poesía ou a forza e as emocións. As mulleres son o seu punto de partida.
que

Este espectáculo é unha homenaxe a todas as mulleres que durante séculos e séculos de opresión loitaron e seguen loitando para manter vivo o seu eu salvaxe, e que reclaman o seu dereito de bailar e correr libremente polas rúas e prazas da nosa sociedade. Candidato aos premios Max.

Maduixa inicia a súa traxectoria artística en Sueca (Valencia) no ano 2004 con creacións teatrais de rúa e sala para todos os públicos, pero en 2006 chega a profesionalización co espectáculo Maniàtics que lles proporciona o recoñecemento dentro do sector profesional e que os conduce a constituírse como empresa en 2008. Coa intención de medrar e traballar novas disciplinas, a compañía vai consolidando as bases do que serán os seus principais valores: conxugar o teatro, a danza, as artes plásticas, as novas tecnoloxías, unha coidada posta en escena e unha sólida interpretación. A decidida aposta por este traballo de investigación consolida á compañía e defínea cunha linguaxe propia. O froito deste traballo en diferentes disciplinas é o espectáculo Ras! que proxecta definitivamente á compañía e participa na maior parte de festivais de España, Francia, Italia, Noruega e realiza importantes xiras a Francia. Continuando nesa liña de traballo interdisciplinario, deciden facer da linguaxe visual, coreográfica e plástica un novo vehículo de expresión para nenas e nenos coa nova produción Consonant en 2011. Ademais, a compañía asume actividades complementarias do mundo do teatro como a organización da Mostra Internacional do Mim de Sueca, que se celebra desde 1989.

 

Intérpretes: Laia Sorribes, Lara Llávata, Melisa Usina, Esther Latorre, Ana Lola Cosin, Emma Ferrer

Idea e dirección: Joan Santacreu

Dirección coreográfica: Mamen García

Axudante de dirección: Paula Llorens

Dramaturxia: Roser de Castro

Composición musical: Damián Sánchez

Vestiario: Joan Miquel Reig

Realización de vestiario: Doblette

Utillería: Sergi Sanjuan

Deseño son:Andrés Roses

Produción: Loles Peris, Susanna Vitória

Produción executiva: Maduixa Teatre SL

Arquivos adxuntos

cando e onde
Sábado 27 maio 2017
18:00  Praza da Quintana

prezo das entradas
Entrada libre
de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org