Serán os rapeiros Malandrómeda, o garaxe-pop bailable de Novedades Carminha ou os ye-yés Los Chavales os encargados de poñer a música a este evento pensado para todas as idades e sensibilidades cunha unica pretensión: desfrutar de dúas mañás de festas nun incomparable marco, fronte á Zona C, entre o Museo do Pobo Galego e o CGAC co espírito da tradicional sesión musical matinal. Os encargados de rematar as dúas xornadas serán Crebinsky dj e Bigotemix dj respectivamente, co baile e a diversión como denominador común.