Circo Acrobático Nacional de Pequín
Fundado en 1950 realizou nestes mais de 60 anos unha importante contribución á prosperidade das acrobacias e a abundancia das actividades culturais e as súas representacións introducíronse en cada esquina do país.
Foi o primeiro grupo que se fundou na denominada 'Nova China' e tamén o primeiro grupo que saíu ao estranxeiro representando a China. Nos últimos 50 anos visitou mais de 80 países contribuíndo ao establecemento de relacións entre o pobo chinés e todos os pobos do mundo.
Nestes momentos o circo ten mais de 100 números diferentes entre representacións aéreas, equilibristas, animais adestrados, farsas, imitacións, maxia, coordinacións de grupos....
A partir de 1990 teñen producido e presentado shows baseados na esencia da acrobacia tradicional, recollendo ideas do baile, a ópera e o teatro chinés.
Ten a súa sede en Pequín e realiza representacións tanto en carpas como en teatros tradicionais.
Desde a súa fundación foi condecorado con 18 medallas de ouro en diferentes competicións internacionais, e está considerado entre os mais importantes circos chineses.
O soño dunha Viaxe a Oriente
O espectáculo que este ano nos presenta O Circo de Pequín na súa xira por España amósanos un colorido mundo de ilusión visto polos ollos dunha nova e encantadora nena que, conducida polo amable avó árbore, móstranos aos animais saltando no bosque máxico, a tranquilidade da alba, a febre do mediodía e a esmorga da noite antes do seu despregamento. O seu soño carnavalesco termínase cando chega de novo a mañá, coas bolboretas bailando sobre o ceo.
Estruturado por moitas técnicas aplicadas na acrobacia e a través de diferentes enfoques artísticos, o Circo de Pequín, mergúllao nun asombroso e animado bosque con todo tipo de máxicos animais, libélulas, ras, papagaios, esquíos, monos, arañas, bolboretas, etc.
É un show completo coreografiado teatralmente para audiencias de todas as idades, ofrecendo un amplo abanico de entretemento, incribles acrobacias, música atraínte e extraordinarios efectos luminosos, en definitiva un fabuloso e sorprendente espectáculo.