Despois de anos de colaboración en diferentes proxectos audiovisuais, Estrella Galicia e Filmanova Invest únense neste ambicioso proxecto para presentaren un musical divertido que homenaxea a aquela xeración dos anos 80, á súa música, ós seus músicos e ós seus grupos, auténticos fitos na recente historia de Galicia.
Nun momento no que o musical emerxe e se vai consolidando, apostan por deseñar e producir un espectáculo desde unha visión actual e moderna que mova á xente a lembrar e disfrutar daqueles temas.
O musical, en tono de comedia de enredo, preséntanos dez personaxes que encarnan tres xeracións. O elenco actuará, cantará e bailará en oito decorados diferentes durante máis de dúas horas. Os diálogos, ademáis, terán versión en galego e castelán.
Trátase dunha idea orixinal de Antón Reixa, o mítico cantante dos Resentidos, un dos grupos máis destacados daqueles anos de explosión cultural que marcaron a millóns de persoas. A sua canción máis coñecida, Galicia Caníbal dá título ó musical. O espectáculo xira arredor dunha historia que, contada desde o ano 2012, nos transportará ós anos 80. Os libretistas, Antela Cid e Fran Peleteiro, escribiran un espectáculo musical baseado na movida e con temas de Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Cafres, Semen Up, Golpes Bajos ou Los Limones, entre outros.
FICHA TÉCNICA
Reparto:Ana San Martín, Sergio Zearreta, Víctor Mosqueira, María Costas, Teté Delgado, Juanillo Esteban, Rosalía Castro, Iolanda Muíños, José Carlos Illanes, Iván Marcos.
Produtores:Estrella Galicia e Filmanova Invest en coproducióncon AGADIC e coa colaboración doCentro Dramático Galego (CDG).
Idea Orixinal:Antón Reixa.
Texto Orixinal:Fran Peleteiro e Antela Cid.
Adaptación do Texto e Dramaturxia:Quico Cadaval e Evaristo Calvo.
Dirección Escénica: Quico Cadaval.
Dirección Musical: Pablo Novoa (ex Golpes Bajos).
Dirección Artística: Curru Garabal.
Coreografía: Mónica García.
Dirección de Produción: Xabier Eirís.
Deseño de Iluminación: Paco de Pin.
Deseño de Vestiario: Carlos Alonso.
Deseño de Son: Luís Antelo.
Maquillaxe e Perruqueria: Trini Fernández.