Las idas y las vueltas: músicas mestizas
A música barroca colonial en diálogo co flamenco
ACCADEMIA DO PIACERE
ARCÁNGEL cantaor
FAHMI ALQHAI viola da gamba e director
Accademia do Piacere
Fahmi Alqhai viola da gamba e dirección
Dani de Morón guitarra flamenca
Agustín Diassera percusión
Rami Alqhai viola da gamba
Miguel Recuncho guitarra barroca
Programa
Las tierras & las raíces
Improvisación sobre La Spagna
Toná
Improvisación sobre la passacaglia
Romance del Rey Moro
Las morillas de Jaén & Jaleos
Músicas mestizas
Folías
Vidalita
Siguiriya
Las Danzas
Alegrías de Cádiz
Marionas & Canarios
Jácaras & Bulerías
Guaracha & Guajira
"Se a mestizaxe e o intercambio de ideas son o motor que pon en marcha a innovación musical, a colonización española de América –co seu consecuente encontro de civilizacións europeas, americanas e africanas– revolucionou ao máximo esa máquina de creación, evolución e nacemento de novos estilos musicais: o intercambio de ritmos, melodías e cadencias que logo daría lugar ao jazz foi, séculos antes, a orixe primeira do flamenco. Polas cidades andaluzas e americanas circulaban, en fusión e confusión, cantes e danzas de ida, volta e outra vez ida, do golfo de Guinea ao Caribe e de aí a Triana e ao golfo de Cádiz: un verdadeiro deslocalizado e efervescente melting pot onde jácaras, folías e chaconas eran patrimonio común da música popular e da culta. Guarachas de Céspedes que nos recordan a tanguillos de Cádiz, romances medievais transmitidos boca a boca, fandangos daquela e de agora, siguiriyas con acordes de passacaglia, músicas que quedaron hai séculos por escrito e ás que hoxe podemos reinsuflar vida coa intuición espontánea que nos traen os bos músicos e o bo flamenco. Dous espíritos creativos como os de Fahmi Alqhai e Arcángel buscan esas sendas hoxe inexploradas a través da fecundación mutua do flamenco e da música barroca, dous dos estilos musicais máis fértiles; Arcángel e Alqhai dialogan en busca dun pasado e dun presente comúns pola música, a vía universal de irmandade de pobos e culturas. Artistas ambos de personalidade inclasificable, de formación primeiro rigorosa nos seus campos pero espírito experimental, nun exercicio de liberdade deixaranse levar polo puro instinto musical. Quen sabe se –inesperada, natural, intuitivamente– non nos traerán así os aromas primeiros do paraíso perdido que ningún musicólogo atopou: o flamenco primitivo." Juan Ramón Lara
Accademia del Piacere
É o grupo de referencia da nova xeración da música antiga española. Centrado desde a súa orixe no estudo e interpretación da música do Renacemento e do Barroco, ofrece un amplo abano de programas: desde a exuberante e pomposa música francesa da corte do Rei Sol, pasando pola música virtuosa da Italia de principios do século XVII, ata a música profana e relixiosa española e andaluza do Renacemento e do Barroco. Combina a investigación musicolóxica e o rescate de música nunca interpretada coa gran capacidade técnica dos seus compoñentes, tanto cantantes como instrumentistas. Estes elementos, xunto á forte personalidade musical dos seus fundadores, dotan ao grupo dunha inconfundible e poderosa identidade.
Fahmi Alqhai director
É considerado como un dos novos intérpretes de viola da gamba e de música antiga máis prestixiosos e brillantes da súa xeración. Nacido en Sevilla en 1976, de pai sirio e nai palestina, pasou os seus primeiros once anos de vida en Siria onde comeza a súa formación musical. É requirido polas formacións camerísticas máis importantes da música antiga: Hesperion XXI e Il Suonar Parlante. Actuou ca ONE, OSG, Ensemble Vocal de Lausanne, Orquesta Barroca de Sevilla e Al Ayre Español, entre outras. Ofrece regularmente concertos en toda Europa, Xapón, EUA e Latinoamérica. Realizou numerosas gravacións para selos discográficos, televisións e radios. É cofundador do grupo Accademia do Piacere e do selo discográfico Alqhai & Alqhai. Desde 2009 é director artístico do Festival de Música Antiga de Sevilla.
Arcángel cantaor
Nacido en Huelva en 1977. Colaborou, entre outros, con Jesús Cayuela e José Roca, para La Parrala (1996); Mario Maya, para Los flamencos bailan y cantan a Lorca (1997); e Manuel Soler, para a posta en escena de Por aquí te quiero ver (1998). No ano 1998 participou en espectáculos como De Cádiz a Cuba, de Mario Maya. A partir de aí, seguiu cantando para figuras como Javier Barón e La Yerbabuena, Vicente Amigo, a Orquesta Chekkara de Tetuán, e máis tarde en Galvánicas, de Israel Galván (2002). Recibiu o Premio Andalucía Joven 2002 e o Premio Nacional Flamenco Activo de Úbeda e a súa actuación no Palenque, na Bienal de 2002, mereceu o premio Giraldillo ao mellor intérprete de cante.