A exposición, que ocupará o espazo da Zona "C", terá como contido o resultado das performances que se levarán a cabo en lugares emblemáticos de Compostela, como o Convento das Clarisas ou a Catedral, e que se completará cun tour guiado arredor dos “espazos supersticiosos”. Performances vinculadas ao local, pero estrapolables ao global en xestos que se repiten como tirar moedas nunha fonte para ter boa sorte ou rituais nas cerimonias matrimoniais (o arroz, os ovos de Santa Clara etc.)
O feito de recompilar e cuestionar as superstición reformulándoas como performances, como coleccións gráficas ou a través da creación de “obxectos supersticiosos” supón para as artistas un cruce entre culturas, sociedades e fronteiras. Partindo da idea de que moitas supersticións son transnacionais e non se rexen polos límites dun mapa, aprecian como os mesmos ritos acaban por expandirse en diferentes lugares co fluxo migratorio e o movemento das persoas. Sendo Santiago un centro de peregrinaxe único, esta idea reflexa a proxección que os ritos locais poden chegar a acadar no ámbito internacional.
Previo á exposición Olalla e Nicoleta propoñen un mapeado e recompilación de rituais e supersticións en Compostela. Un traballo de investigación ao que as creadoras dan continuidade nas performances abertas ao público. O resultado será exposto no espazo Zona “C” e a gravación permitirá tamén a divulgación do proxecto a longo prazo.
Nicoleta Moise (Bucarest, 1989) vive e traballa en Bucarest (Romanía). En 2013 graduouse no Máster de fotografía e imaxe da Universidade Nacional de Artes de Bucarest. Traballa como artista visual con imaxes de arquivo encontradas ou buscadas, mentras amosa un interese polas artes performativas, os libros de artista e a poesía. Foi artista en distintas residencias, coma no EACC de Castellón nos anos 2015-2016, e no Paintbrush Factory en Cluj-Napoca (Romanía).
Olalla Castro (Lugo, 1989) vive e traballa en Potsdam, Alemaña. En 2014 licenciouse en Belas Artes na Universidade Politécnica de Valencia. Foi residente na Casa de Velázquez (Madrid) en setembro do 2016. A súa práctica artística céntrase na paisaxe a través do binomio local/global. Traballa en medios interdisciplinares, como o vídeo, o libro de artista e a performance.
Exposicións dúo (selección)
2015 Austeria, comisariada por Anna Smolak e Raluca Voinea. BWA SOKOL Galería de Arte contemporánea, Nowy Sacz (Polonia).
2015 On Floating Grounds. Ways of Practicing Imponderability, comisaria: Ioana Mandeal, City Business Centre Timișoara (Romanía)
2015 EstudioAberto 4, comisariada por Paula Cabaleiro. Museo Provincial de Lugo, Lugo
2015 Young Art Night, Van Abbemuseum, Eindhoven (Holanda)
2014 BLIND / DATE, comisariada por Ioana Mandeal e Sandra Demetrescu, The CAN, Bucarest (Romanía)
Relatorios
2014 XXVIII Festival Cineuropa (presentación Panorama Galego), CGAC Santiago de Compostela
Residencias como dúo
2015 Estudio Aberto#4, Lugo