fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Búsqueda

Danza | ContemporáneaTeatro&Danza
MADUIXA TEATRE 'Mulïer'
Sábado 27 maio | 18:00 |Praza da Quintana
Mulïer é un espectáculo de danza sobre zancos interpretado por cinco bailarinas. Con esta montaxe pretenden investigar os límites físicos coa danza e o equilibrio, o movemento e a poesía ou a forza e as emocións. As mulleres son o seu punto de partida.
Arte | VariosInfantil e Familiar
Decoración de azulexos con Alba Rodríguez Bernárdez Actividades MiiC. Taller infantil
Sábado 27 maio | 11:00 |Auditorio de Galicia
Un práctico e divertido taller impartido por Alba Rodriguez Bernárdez axudará a introducir aos máis pequenos na ilustración en cerámica.
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Concerto á carta Banda Municipal de Música
Domingo 28 maio | 12:00 |Teatro Principal
O domingo, día 28 de maio, dentro do ciclo de PRIMAVERA 2017, a Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá o seu “Concerto á carta”, no que o programa estará composto polas obras elixidas polo público asistente aos concertos dos días 30 de abril, 7, 14 e 17 de maio. Con ésta iniciativa, a BMSC quere interpretar as obras preferidas polo público.
Conferencias, coloquios A COR DAS PALABRAS
Encontro co cineasta Bruce Elder Dentro do ciclo 'A Cor das Palabras'
Luns 29 maio | 18:00 |Numax
O cineasta experimental Canadiense, Bruce Elder, manterá o luns 29 de maio ás 18:00 na sala Numax unha conversa con Francisco Algarín, investigador e fundador da Revista Lumière, coorganizadora do evento. Será o terceiro protagonista do ciclo «A cor das palabras. Encontros con cineastas», organizado polo Concello de Compostela en colaboración co Cinema NUMAX.
Arte | Varios
Os mundos de Carlos Casares Unha exposición que celebra a vida e obra do escritor
Martes 30 maio | 19:00 |Zona "C"
Comisariada por Gustavo Adolfo Garrido e Chus Martínez Domínguez a exposición ‘Os mundos de Carlos Casares’ ten como obxectivo celebrar a vida e obra do escritor ourensán (1941-2002), na clave dun percurso vital, unha viaxe polo tempo e polo espazo.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia Paul Daniel, director
Xoves 1 xuño | 20:30 |Auditorio de Galicia
R. Wagner, tras escoitar os coros da Novena Sinfonía de Beethoven, dixo: «Este é o fin da música sinfónica».
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
En Praterías coa banda Banda Municipal de Música de Santiago
Xoves 1 xuño | 20:00 |Praza das Praterías
A praza das Praterías albergará un novo concerto da Banda Municipal de Santiago o vindeiro xoves,1 ás 20:00 h
Música | ClásicaPrograma de Abono
Descubre unha orquestra para ti, a túa! L.v. Beethoven
Venres 2 xuño | 18:30 |Auditorio de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia dirixida polo mestre Paul Daniel, interpretarán a "Sinfonía nº 9 en re menor op. 125" de Beethoven
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Festas do barrio de San Martín Pinario '50 anos aló' Banda Municipal de Música de Santiago
Sábado 3 xuño | 20:00 |Praza de San Martiño Pinario
Un ano máis poderemos retroceder no tempo ata os anos 60 con motivo das festas '50 anos aló' do barrio de San Martiño Pinario. Unha das actividades, entra as moitas que terán lugar ao longo do día, será o concerto da Banda Municipal de música dirixida polo mestre Casiano Mouriño Maquieira o vindeiro sábado, 3 de xuño ás 20:00 h na Praza de San Martín Pinario
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
L’arlesienne de Bizet Banda Municipal de Música de Santiago
Xoves 8 xuño | 20:00 |Praza das Praterías
Bizet foi o encargado de compor a música da obra teatral de L'arlesienne (A moza de Arles), que a pesar de que esta representación teatral non tivo unha boa acollida na súa época, a música resultou ser todo un éxito que segue cativando hoxe en día a todos aqueles que a escoitan
Teatro | ComediaTeatro&Danza
NOSA SEÑORA DAS NUBES Teatro do Morcego presenta este texto de Arístides Vargas
Xoves 8 - Venres 9 xuño | 20:30 |Teatro Principal
Nosa Senñora das Nubes, escrita por Aristides Vargas, céntrase no encontro de dous personaxes expatriados nun espazo e tempo indeterminado. Por medio de lembranzas confusas e memorias fragmentadas os personaxes buscan recuperar as historias vividas na súa patria, a remota Nosa Señora das Nubes. Un texto poético e cheo de humor que nos fai reflexionar sobre as ditaduras, as guerras, o exilio e o desarraigo tan presentes no noso tempo.
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Festas do Barrio do Castiñeiriño Banda Municipal de Música de Santiago
Domingo 11 xuño | 13:00 |Barrio do Castiñeiriño
Con motivo das Festas do barrio compostelán do Castiñeiriño, celebrando o San Antonio, a Banda Municipal de Música de Santiago, ofrece un concerto na que achega a música a todos os veciños e visitantes baixo a batuta de Casiano Mouriño Maquieira o venres, 11 ás 13:00 h no campo da festa.
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Banda e gaita Banda Municipal de Música de Santiago
Xoves 15 xuño | 20:00 |Praza das Praterías
A Banda Municipal de Santiago dedicará o concerto do xoves, 15 ás 20:00 h na Praza das Praterías á música galega e ao instrumento galego por excelencia, a gaita que nesta ocasión contará cos gaiteiros Pablo Dalama e Luis Tarrío
Arte | Vídeo/InstalaciónsMediación cultural
Proxección Psiconautas, coloquio con Alberto Vázquez Actividades MiiC
Luns 19 xuño | 20:00 |Auditorio de Galicia
Como peche as actividades que se veñen desenvolvendo con motivo da exposición MiiC, o director de animación, ilustrador e debuxante de cómics Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) charlará co público que asista á proxección do filme Psiconautas.
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Sonidos Mexicanos Banda Municipal de Música de Santiago
Xoves 22 xuño | 20:00 |Praza das Praterías
Como todos os xoves, dentro do ciclo de verán, a banda municipal de música de Santiago, dirixida polo mestre Casiano Mouriño Maquieira, ofrecerá un concerto na Praza das Praterías ás 20:00 h.
Música | VariosCOMPOSTELA CONVERSA
GUERRERA conversan con TOTALE Falarán de deseño aplicado a concertos, discos e bandas
Domingo 25 xuño | 20:00 |Teatro Principal
A conversa desta sesión transcorrerá entre os deseñadores e membros das bandas participantes Igor Casayjardín e Hugo Santeiro. Falarán de deseño aplicado a concertos, discos e bandas, afondando na súa visión e experiencia persoal.
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Banda Municipal de Música & Emilio Rúa Casiano Mouriño Maquieira, director
Xoves 29 xuño | 20:00 |Praza das Praterías
O cantautor ourensán Emilio Rúa acompañará á Banda Municipal de Música de Santiago no concerto do 29 de xuño ás 20:00 na praza compostelá das Praterías
Arte | Varios
Inauguración ALÉN DOS XÉNEROS Prácticas artísticas feministas en Galicia
Xoves 6 xullo | 20:00 |Auditorio de Galicia
Alén dos xéneros, mostra colectiva comisariada por Anxela Caramés, reúne unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os anos noventa ata a actualidade. A mostra foi realizada polo MARCO, Museo de Arte contemporánea de Vigo –onde se inaugura en xaneiro de 2017– en coprodución co Auditorio de Galicia que acolle a itinerancia ata novembro deste ano.
Teatro | Musical
'RIO BRAVO' en CHÉVERE 3.0 Maratón escénico polo 30 aniversario de Chévere
Martes 4 - Domingo 9 xullo | 21:00 |Teatro Principal
A finais de xuño de 1987 Chévere actuaba por primeira vez en público, na Praza dos Bombeiros de Santiago de Compostela, detrás da Escola Mestre Mateo. Trinta anos despois daquela noite de verán a compañía segue funcionando e está vivindo un dos seus mellores momentos artísticos e profesionais. Premio da Crítica de Galicia 2011. Premio de Honra da MIT de Ribadavia 2012. Premios María Casares ao Mellor Espectáculo en 2012, 2014, 2017. E Premio Nacional de Teatro 2014, converténdose na primeira compañía galega en ter este recoñecemento, o máis importante das artes escénicas de ámbito estatal, que desde 1949 recibiron apenas 7 compañías (Els Joglars, La Fura dels Baus, Ur Teatro, Teatre Lliure, Animalario, Atalaya e La Zaranda).
Teatro | Musical
'ANNUS HORRÍBILIS' en CHÉVERE 3.0 Maratón escénico polo 30 aniversario de Chévere
Mércores 12 - Venres 14 xullo | 21:00 |Auditorio de Galicia
A finais de xuño de 1987 Chévere actuaba por primeira vez en público, na Praza dos Bombeiros de Santiago de Compostela, detrás da Escola Mestre Mateo. Trinta anos despois daquela noite de verán a compañía segue funcionando e está vivindo un dos seus mellores momentos artísticos e profesionais. Premio da Crítica de Galicia 2011. Premio de Honra da MIT de Ribadavia 2012. Premios María Casares ao Mellor Espectáculo en 2012, 2014, 2017. E Premio Nacional de Teatro 2014, converténdose na primeira compañía galega en ter este recoñecemento, o máis importante das artes escénicas de ámbito estatal, que desde 1949 recibiron apenas 7 compañías (Els Joglars, La Fura dels Baus, Ur Teatro, Teatre Lliure, Animalario, Atalaya e La Zaranda).

http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1493887143.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1493887143.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org